價格:免費
更新日期:2019-07-24
檔案大小:因裝置而異
目前版本:因裝置而異
版本需求:Android 因裝置而異
官方網站:http://www.inbox-mobile.com
Email:soporte@inbox-mobile.com
聯絡地址:隱私權政策
Sen dúbida, unha das citas máis importantes do calendario festivo de Galicia é a Festa do Albariño de Cambados, que recibe en cinco días arredor de 150.000 persoas.
Na rúa da Calzada instálanse as casetas onde se pode degustar o viño e mercar directamente aos adegueiros, e tamén postos de comida.
No ambiente festivo teñen especial relevancia “as peñas”, grupos de cambadeses que participan na organización da festa e que, ataviados con camisetas identificativas e o seu vaso, sempre disposto para outro viño, animan coa súa troula as rúas e os bares.
Xunto cos espectáculos musicais e pirotécnicos, exposicións e competicións deportivas, a festa é aproveitada para difundir e promocionar aspectos sobre a cultura do viño e a produción do albariño, en distintos cursos, xornadas técnicas e obradoiros.